-AGASEP, coma asociación profesional da seguridade privada, e totalmente desvinculada de calquera acción, e grupo sindical, quere manifestar as inquedanzas que existen entre os nosos asociados en referencia ó actual estado na negociación do convenio colectivo.
-É palpable a desunión entre sindicatos e empresas, ante ésta, coma anteriores negociacións do convenio colectivo, e pensamos que isto, vai en contra dos intereses profesionais de todo o sector, tendo coma maior exponente a desinformación, ou nos mellores casos información sesgada, sobre os pasos e concertos acadados en dita negociación do convenio colectivo.
-Por iso, entendemos, que dadas as posturas encontradas entre os nosos representantes sindicais, que de seguro sabemos que intentan levala a bo termo, non é menos certo que o sector esta afectado, creando una gran inquedanza entre os nosos asociados que ven con preocupación para a súa estabilidade laboral, a situación plantexada.
-Desexamos e pedimos un esfozo conxunto, ás partes reunidas para que acaden un pronto e definitivo consenso nesta negociación do convenio colectivo da seguridade privada.
AGASEP
- Tralos tristes sucesos acontecidos o pasado fin de semana nunha discoteca de Madrid, durante os cales, uns individuos arrebatáronlle a vida a un mozo, que disfrutaba dunha noite de ocio, AGASEP-APROGA, desexa comunicar:
1º As máximas condolencias á familia e amigos da víctima.
2º Instar ó Ministerio do Interior e administracións correspondentes, para, que dunha vez por todas, lexislen e regulen a figura do porteiro de discoteca, labor que, coma poudimos comprobar máis dunha vez, está a ser desenrolada, na maioría dos casos, por xente que só traballan cos músculos dos seus brazos, por non falar da inventiva para crearen normas arbitrariamente, segundo o seu estado de ánimo. E cremos que, a expensas das administracións públicas, pola falta de lexislación e control deste fenómeno.
3º AGASEP-APROGA, desexa tamén, que todo o peso de la lei, recaia sobre estes asasinos, e loxicamente sobre as persoas que os teñen contratados, coma primeiros responsables de tan aciago acontecemento.
4º Que se cumpra, e se faga cumprir, tanto a lei de Seguridade Privada, como a de Espectáculos Públicos e a de Industria, sobre estes locais, para que acontecementos coma este, no volvan a suceder, para que tódolos cidadáns poidamos tomar una copa ou disfrutar dunha noite de ocio entre amigos, sen entrar en locais, xa intimidados por estes individuos, e sen ter que mirar, se hai extintores, que as saídas de emerxencia non están atrancadas (no caso de que existan), se ten licencia, etc.
5º Expresar, tamén, que dentro do colectivo de porteiros de discoteca traballan, como non, grandes profesionais, pero que loxicamente, carecen de regulación algunha, e estes graves acontecementos, salpican de descrédito, o que sen dubida dificultará a súa tarefa.
6º Indicar, ós medios de comunicación, que soamente os Vixiantes de Seguridade, Gardas Particulares de Campo, ambas cas súas especialidades, Detectives Privados, Xefes de Seguridade e Directores de Seguridade, son as únicas figuras habilitadas para exercer na Seguridade Privada segundo a lei actual, e subliñar que non existen os mal chamados "Vixiantes Xurados", "Gardas de Seguridade" ou "Gardas Xurados".