¿Qué é AGASEP?
A Asociación Galega de Traballadores de Seguridade Privada, é unha Asociación profesional e independente composta
por traballadores do sector da Seguridade Privada cun gran obxectivo: a mellora, defensa e recoñecemento de tódolos traballadores do sector, un sector pouco valorado e con un recoñecemento insuficiente como é o sector da Seguridade Privada.
¿Cáles son nosos fins?
A existencia de AGASEP ten como fins:
- Contribuír ó coñecemento e divulgación da normativa vixente no sector da Seguridade Privada.
- Velar polo prestixio profesional e a dignidade de tódolos profesionais do sector da Seguridade Privada e
en especial no dos seus membros.
- Contribuír ó impulso da profesión en todos aqueles ámbitos e instancias públicas ou privadas que se
consideren oportunas.
- Representar ós seus asociados ante as diferentes Administracións e Entidades públicas ou privadas.
- Fomentalas relacións e a cooperación cás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como cos Corpos
da Policía Autonómica e Policías Locais.
- Promover actos culturais, profesionais e de formación entre seus asociados.
- Realizar actividades de información sobre situacións profesionais, sociais, culturais, deportivas,
organizando cursos, seminarios e conferencias entre seus asociados.
- Poñer de manifesto a tódolos niveis, a importancia social e económica do sector da Seguridade Privada.
- Calquera outro que tenda á máis eficaz defensa dos intereses colectivos dos seus membros.
¿Qué lle ofrecemos ós nosos asociados?
- Asistencia xurídica gratuíta: contratada co Letrado Jorge Vázquez Vázquez, gracias ó cal os asociados teñen
a garante da cobertura xurídica no concernente a actuacións de carácter profesional, non laboral. Debido á
particularidade de horarios da nosa profesión esta asistencia está dispoñible as 24 horas do día, 365 días
ó ano. Loxicamente, esperamos que o servizo que se utilice fóra do horario de oficinas sexa en caso dunha
consulta inmediata e urxente.
- Asesoramento xurídico gratuíto: non só para as consultas profesionais, senón para calquera tipo de
consulta xurídica. O asesoramento tamén é valido para a unidade familiar, fillos, pais, maridos, mulleres.
- Cursos de balde e descontos na realización de cursos nos Centros de Formación Especializadas CIS.
- Descontos dun 20% en roupa e material de seguridade, (moi interesante para os Gardas de Campo e Pesca)
en Rivera G. Montero.
- Descontos de seguros en Allianz e La Corona, tales como vida, fogar, auto, moto, decesos…, con descontos especiais
de hata un 15%.
- A revista "CUADERNOS DE SEGURIDAD" totalmente de balde.
- Esperamos ir ampliando esta lista para cos socios de AGASEP se poidan beneficiar de máis cousas.
- Poraste beneficiar de todo isto por só 6 € ó mes.
Se desexas asociarte ou queres recibir información mándanos un e-mail a
agasep@agasep.com