AGASEP
banneragasep (11K)      



El PageRank de tu Web

A patronal sigue sen querer pagarnos o que asinaron no 2010.

Menos mal cos sindicatos de esta vez están todos dacordo e din que a única reunión que cabe nestes momentos é para proceder á revisión e asinar as táboas según a subida establecida no Convenio.


Ver acta

A patronal quere volver a conxelarnos o soldo.

Acta da xuntanza mantida mantida pola patronal e os sindicatos o pasado día 29 de decembro, na que a patronal propón unha recesión nos dereitos dos traballadores, conxelación salarial, e subida de 44 horas anuais. Menos mal que esta vez non asinou ningún sindicato.


Ver acta

TODO ISTO FOI O QUE NOS "ROUBARON" CO NOVO CONVENIO

2008: O soldo do V.S. é de 1294,31€ ao mes ( Salario base - Perigosidade - Pagas Prorrateadas )

2009: O soldo é igual, xa que asinaron o 0% de subida cando o IPC subiu o 1.40%, ou o que é o mesmo, se subisen o máis nada que IPC o soldo sería 1.312.43€ , ou sexa, 18.12 euros/mes menos.

2010: O soldo é igual, xa que tamén aceptaron o 0%, cando o IPC subiu 0.80% o que suporía que o salario sería 1.322.93€, ou mellor dito, 28.62 euros/mes menos.

2011: O soldo será de 1.307.25€, asinan o 1%, se prevee que o IPC suba o 2.3%, ou o que é o mesmo, 46.11 euros/mes menos.

2012: O soldo será de 1.343.86#. Estipúlase que a subida será do 2.8%, ou sexa, 29.80 euros/mes menos.

Con todo isto queremos comunicarvos que no ano 2009 soamente coa subida do IPC, deberiamos de cobrar 217.44€ máis ao ano. En 2010 coas mesmas condicións deberiamos de cobrar ao ano 343.44€ máis, o que suporía que podiamos cobrar de atrasos a día 1-1-2011, 560.88€, ademais en 2011 teremos unha perda anual do soldo de 553.32€ no ano e o 2012 de 357.60€ ao ano.

Polo que resumindo, cando acabe o ano 2012 cada Vixiante de Seguridade de España, teremos unhas perdas para as nosas familias de 1.475,80€ neste Convenio, todo estes tendo en conta que son datos coas mínimas retribucións que ten un Vixiante, polo que habería que engadir cada un de nós os pluses individuais ( antiguedade, radioscopia, xefe de equipo, perigo variable etc..) ademais doutros pluses como festividade, nocturnidade, Plus de Noiteboa, Noitevella etc...)

Perdoade se con estes datos amargueivos o día, pero os datos son como son e todos temos dereitos a saber a verdade.


Isto é unha traducción dun email que nos enviaron de CSIF Malaga Seguridad Privada

Descarga as actas para seguir a negociación do Convenio colectivo de Seguridade Privada 2009

NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DE SEGURIDADE PRIVADA


En Madrid, o 17 de setembro de 2008, os representantes de APROSER, FES, ACAES, AMPES, UGT, CCCO, USO e CIG mantiveron unha xuntanza na sede de APROSER na que se abordaron diversas cuestións en relación coa próxima negociación do Convenio Colectivo, en particular, a respectiva determinación da representación das partes empresarial e sindical para a correspondente constitución da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo. Despois de distintas intervencións das partes comparecentes, acordouse fixar o día 20 de outubro ás 11.00 como data e hora de constitución da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Empresas de Seguridade.




Para visualizar os documentos necesitará o programa A. Reader   adobe
agasep@agasep.com info@agasep.com presidente@agasep.com secretario@agasep.com webmaster@agasep.com
Asociación Galega de Traballadores da Seguridade Privada