Foros de discusión www.agasep.com
Asociación Galega de Traballadores da Seguridade Privada
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ve-las súas mensaxes privadasEntre para ve-las súas mensaxes privadas   LoginLogin 

COMUNICADOS
Ir a páxina Anterior  1, 2
 
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> Negociación Convenio
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Xov Feb 04, 2010 12:35 am    Asunto: COMUNICADO CIG Responder citando

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA CARTA ABERTA AO SECTOR DE SEGURIDADE PRIVADA E Á UGT Temos recibido na CIG nestes últimos dias unha carta da UGT, sindicato con máis representación no sector a nivel estatal, na cal se nos informa da sua decisión de iniciar unha campaña de mobilizacións coa fin de desbloquear a negociación do Convénio Colectivo, que como sabedes está paralizada. Esta carta, que conta cun calendário concreto e que contempla a convocatoria de folga, coincide coa difusión do seu contido no sector, á cal xa se lle está a informar por parte da UGT. Sabemos igualmente que o sindicato USO finalmente tamén apoia esta iniciativa. Non imos valorar a lexitimidade destes dous sindicatos á hora de convocar mobilizacións, xa que entendemos que desde logo a teñen. Tampouco imos criticar que se pretenda contar co noso apoio, cando se presenta un calendario pechado e xa feito público. Eles saberán se esa é a forma de querer contar co apoio do resto de centrais sindicais que a mal que lles pareza existen no sector. Por parte da CIG, desde logo entendemos que existen sobradamente motivos para convocar unha folga no sector, así como para realizar todas as medidas de protesta necesarias. Ese non é o problema nen o que motiva esta carta aberta. O fundamental aquí é saber cal é o obxectivo que se pretende con esta convocatoria de folga. Cales son os principais puntos a demandar. Que queremos conseguir. Só así un pode valorar ir á folga ou non. E curiosamente, sobre este aspecto non existe nengunha referencia nen comunicado público destes dous sindicatos. Debemos entender que os obxectivos desta folga se corresponden coa sua última plataforma. A que si temos por escrito, e que polo tanto podemos valorar. Isto significa que a UGT e a USO queren que os e as vixiantes secundemos a folga para conseguir un 0% de incremento salarial en todos os conceptos económicos (Salario Base, Plus Transporte, Vestuario, Perigosidade, Nocturnidade, Festividade, etc.) para o ano 2009. É dicir, pretenden ir á folga para conseguir unha conxelación salarial durante un ano. Sen dúbida un gran obxectivo, bastante difícil por certo.
Queren igualmente que vaiamos á folga para conseguir un incremento do 1,8% para o ano 2010, nos principais conceptos económicos (Salario Base, Plus Transporte, Vestuario, Antiguidade, Pagas Extras), o que representa exactamente 18,63 euros mes e 279,57 euros anuais. E para isto convocan 6 dias de folga, que
supoñen un desconto nestes conceptos no caso de efectivizar a folga de 258,86 euros. É dicir, se finalmente acadamos tan ambicioso obxectivo, e para iso facemos folga, obteremos un incremento anual no 2010 de 20,71 euros, mensualmente de 1,38 euros. Temos que ter en conta que o ano 2009 rexistrou un incremento promedio en todos os convenios do estado español do 2,59%, o que significa que imos a folga para conseguir un incremento para o ano 2010 inferior en -0,80 puntos ao resto de convenios, sen que estes na maioria dos casos foran a conflito e fixeran folga. Outro motivo de peso. Finalmente, propoñen para o ano 2011 un incremento do IPC final do 2010 máis un punto, que tal e como van as cousas supón unha suba moi parecida á que propoñen para o ano 2010. É certo que os vixiantes que actualmente cobran 18 euros de plus de perigosidade terian na plataforma de UGT e USO un incremento engadido de 230 euros no 2010 e de 510 euros no 2011, un 2,3% anual máis, e para quen realice nocturnidade e festividade a suba nos anos 2010 e 2011 poderia supoñer uns 200 euros anuais, un 1,3 %. É dicir, no mellor dos casos un vixiante sen o plus de perigosidade completo e que realice nocturnidade e festividade iria á folga co obxectivo dun incremento salarial do 2,8 % para cada un dos anos de vixencia do convénio (28 euros mes), e perdendo os atrasos do ano 2009. Para quen non realice nocturnidade ou festividade, ou perciba o plus de perigosidade íntegro, a suba a conseguir seria dun 1,2% (12 euros mes), perdendo igualmente os atrasos do 2009. Para a CIG, e tendo en conta que apenas se incluen melloras no apartado social, este seria sen dúbidas un mal convénio de sector, unha proposta da patronal que non aceptariamos. Polo tanto, e en boa lóxica, non podemos apoiar unha folga que pretende conseguir un convénio insuficiente e regresivo co cal non estamos dacordo. Nesta carta aberta ao sector, preguntamos : estades dispostos a ir a unha folga para que nos conxelen o salário no 2009?. Ides secundar un paro para obter incrementos salariais do 1,8% para o 2010 e 2011?. É esta a saida que queremos?. Son obxectivos sérios para ir a unha folga séria?.
Se se quere convocar folga na Seguridade Privada, a CIG está plenamente disposta a apoiala. Pero primeiro hai que acordar e explicarlle ao sector que se quere conseguir. Non se pode chamar aos traballadores á folga sen dicirlles para qué se fai. Non se realizou nunca na história do estado español unha folga parella a unha demanda de conxelación salarial. Folga si, pero para acadar melloras reais e subidas importantes. Facer o contrario é enganar, ou facer folgas sen crer nelas para xustificar posteriores firmas de malos convenios, algo que por desgraza neste sector xa ten pasado. E á história nos remitimos.
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Estrella Jalisia
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 14 Feb 2008
Mensaxes: 82

MensaxePublicado: Xov Feb 04, 2010 11:43 am    Asunto: Responder citando

Entonces ¿Qué hacemos?, si vamos a la huelga malo por que la convoca UGT y nos van a subir una mierda que no da ni pa pipas y si no vamos seguiremos sin convenio hasta el 2020 porque no veo que los demas sindicatos estén luchando por conseguir un convenio digno.

¿Por que no os unis todos los sindicatos?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Dom Mar 14, 2010 3:54 am    Asunto: COMUNICADO CC.OO Responder citando

De: Secretaría del Área de Política Sectorial y Sindical y Responsable Estatal del Sector de Seguridad Privada
A: Secretarios/as Generales y Responsables del Sector de seguridad Privada
Información reunión Convenio de Seguridad Privada
Fecha: 9 de Marzo de 2010
Estimados compañeros y compañeras:
En el día de hoy se a mantenido una reunión informal con la Patronal del Sector de Seguridad Privada, junto con los sindicatos FES-UGT y USO, donde se nos ha presentado la siguiente propuesta económica para el Convenio de Seguridad Privada por parte de la Patronal.
PROPUESTA ECONÓMICA:
Año 2009: Incremento salarial 0€
Año 2010: Incremento salarial 0€ y año 2011incremento salarial del IPC del 2010 + 0,8%
Año 2010: Incremento salarial 0,5 % a partir de Julio del 2010 y año 2011 incremento salarial del IPC del 2010 + 0,3%
Año 2010: Incremento salarial del IPC del año 2011.
También han manifestado estar en disposición de hacer otra oferta económica si se incrementara el ámbito temporal del Convenio hasta el año 2013, pero sin concretar los supuestos incrementos salariales de esta oferta.
Como veréis compañeros, esta propuesta la consideramos una provocación. De igual manera se ha acordado valorar, en una próxima reunión, la misma junto con los sindicatos FES-UGT y USO para determinar la medidas oportunas a realizar dentro de la unidad de acción.
Os seguiremos informando.
Rafael López González Javier Torrejón Martín
Área de Política Sectorial y Sindical Responsable Estatal de Seguridad Privada
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Estrella Jalisia
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 14 Feb 2008
Mensaxes: 82

MensaxePublicado: Lun Mar 15, 2010 11:43 am    Asunto: Responder citando

Esto es una provocación, dejemos todos de hacer horas extras y HUELGA EN SEGURIDAD PRIVADA, ya está bien de que nos tomen el pelo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Lun Mar 15, 2010 11:04 pm    Asunto: Responder citando

Mentres nos sigan representando os mesmos de sempre olvidate... A folga vai ser 1fracaso xq a xente xa no confia nestes sindicatos...

http://www.vigilantesdeseguridad.com/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&t=19562&postdays=0&postorder=asc
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Estrella Jalisia
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 14 Feb 2008
Mensaxes: 82

MensaxePublicado: Mar Mar 16, 2010 11:03 am    Asunto: Responder citando

La culpa no es solo de los sindicatos que nos representan, la culpa tambien es nuestra, de los vigilantes que aceptamos hacer horas para ganar algo mas, que trabajamos turnos de 12, 14 o 16 horas seguidas, que permitimos que nos llamen para trabajar un sabado y que nos avisen en viernes, y muchas cosas mas que aceptamos sin tener porque, pues no hagamos huelga pero quitemos a las empresas todos esos privilegios que les concedimos, si nos uniesemos (cosa muuuuuuuuuuuuuy improbable) los vigilantes, simplemente con esto podriamos hacer presion. Yo particularmente llevo todo el año sin hacer ni una hora extra y el telefono no lo cojo fuera de las horas en las que estoy en el servicio, que se busquen a otro pringao, no quieren convenio nuevo, pues yo cobrare poco pero voy a vivr de p*** madre, 162 horitas y listo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Lun Mar 22, 2010 8:39 pm    Asunto: Responder citando

Tes toda razon, os comehoras son a lacra diste sector...]
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Mar Mai 04, 2010 5:12 pm    Asunto: COMUNICADO CIG Responder citando

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA Despois do esperpento da convocatoria de folga pantasma da UGT, do pasado mes de marzo, CCOO e USO solicitaron a convocatoria a través do SIMA da mesa negociadora, que se celebrou o pasado 12 e outra reunión o 19 de abril. Nesta xuntanza realizaron unha proposta económica baseada na conxelación salarial para o 2009, e o IPC real mais 1,4% para o 2010 e 2011, en todos os conceptos salariais. Por parte da CIG, non podemos asumir novamente esta proposta ao entendela como un retroceso nas nosas pretensións económicas, xa que dista moi lonxe dos mínimos que nos temos marcado para esta negociación. A CIG fixo constar en acta o que entendemos como parámetros de mínimos para chegar a un acordo: 1º.- Non aceptamos a conxelación salarial do 2009. 2º.- Mantemos os 12 puntos expresados na acta 3, xa que coinciden coas propostas incluidas na plataforma presentada pola CIG, e sendo estes aspectos que consideramos imprescindibles para unha negociación seria deste convenio, con independencia da súa redacción final. 3º.- Igualmente, para a CIG é obxectivo irrenunciable buscar solucións a discriminación salarial xerada no anterior convenio colectivo a respecto das diferentes cuantias existentes no cobro do Plus de Perigosidade. Por parte da Patronal, aproveitándose dos continuos erros dos sindicatos españolistas e asumindo unha posición de forza, propuxeron ampliar a conxelación salarial hasta o 2010, e a vixencia do convenio hasta o 2013, con incrementos que apenas superan o IPC real na totalidade da mesma en todos os conceptos salariais. Despois destas dúas reunións quedou patente que non existe vontade de negociar por parte da Patronal, o que pretende é imposición e non negociación. Deste xeito a negociación en ámbito estatal está nun caleixón sen saída, tendo por futuro inmediato probablemente varios anos sen convenio. Non entendemos a posición dos sindicatos estatais, uns piden que a patronal concrete a súa proposta e outro di que estudarán as propostas para logo fixar a súa posición, e nos preguntámonos: qué hai que concretar?, qué hai que estudar ou valorar?. Diante desta situación desde a CIG témolo mais claro que nunca. O Convenio Galego é o único camiño realista e viable a día de hoxe, para topar unha saída ao sector. Novamente voltamos a facer un chamamento a todas as centrais sindicais para asumir esta vía, e emprender as mobilización necesarias para acadalo.
CONVENIO GALEGO DA SEGURIDADE, XA!
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
java
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 02 Set 2009
Mensaxes: 130

MensaxePublicado: Mar Mai 04, 2010 9:13 pm    Asunto: Responder citando

pero si no se ponen de acuerdo para firmar un puñeteo convenio estatal, se van a poner de acuerdo para un convenio gallego?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Lun Mai 10, 2010 1:58 am    Asunto: Comunicado USO Y CC.OO Responder citando

A TODOS LOS TRABAJADORES Y TRABAJADORAS
SECTOR DE SEGURIDAD PRIVADA
En relación a la propaganda que en estos últimos días ha realizado el sindicato FES-UGT para intentar justificar el triste y lamentable ¿error? de convocar unilateralmente una Huelga que sabía fracasada de antemano y con el objetivo de dar por finalizado por nuestra parte los cruces de comunicados que permiten el regocijo de las patronales y de las empresas, y de todos aquellos que nada tienen que aportar, pero con el ánimo también de dejar claras algunas cuestiones, los sindicatos FTSP-USO y la Federación Estatal de AA.DD. de CC.OO. manifestamos:
Primero.- La unidad de acción la rompen cuando a pesar de que CC.OO y USO advierten al responsable sectorial de FES-UGT tanto del error que supondría convocar una huelga para después desconvocarla, no por que no hubiera motivos, sino porque esa acción era prematura en el tiempo todavía, la convoca, La unidad de acción salta por los aires cuando los responsables de FES-UGT endiosados y sin escuchar las advertencias, convocan una huelga bajo la mentira de un falso acuerdo.
Segundo.- El objetivo de FES-UGT era convocar la huelga, arrastrarnos a todos a ella, sabiendo que entre los servicios mínimos impuestos por el Ministerio del Interior por un lado y la improvisación por otro, el fracaso sindical seria de escándalo, para posteriormente y bajo el argumento de la falta de movilización por parte de los trabajadores, tener la coartada para firmar lo que pretenden las empresas y de paso acabar con el sindicalismo reivindicativo y de clase en el Sector.
Tercero.- Causa sonrojo el ¿error? por el que pretendían que los trabajadores y trabajadoras que quisieran secundar la huelga lo comunicaran previamente a las empresas por escrito, donde se ha visto eso? Que pretendían con ello? como mínimo facilitarían el que las empresas pudieran entregar la comunicación de servicios mínimos a los trabajadores, a la vez que facilitaban
por ese hecho, que las empresas dispusieran de tiempo bastante para intimidarles.
Cuarto.- Reiteramos una vez más que sobran los motivos para convocar y secundar masivamente una huelga en el sector, pero no exclusivamente por el “desbloqueo de la Mesa Negociadora” como argumentan en la Convocatoria.
Quinto.- Dicen en plan victimisma que les hemos dado la espalda, que se han quedado solos, ¡¡¡¡¡faltan a la verdad NUEVAMENTE!!!!!! Ellos son los que han abandonado a los trabajadores, no les han escuchado, los trabajadores y las trabajadoras del sector reclaman soluciones a las indecentes condiciones de trabajo a las que les obligan las empresas, están dispuestos a pelear por lo suyo, pero la pelea no es exclusivamente la huelga sin otras alternativas.
Sexto.- La FES-UGT son el sindicato mayoritario en la Mesa y debían haber sido mas prudentes, si con la convocatoria de la huelga se equivocaron, con la desconvocatoria lo han bordado, la irresponsabilidad tiene un coste, debe tener un coste sindical, impidiéndoles que vuelvan a ser el sindicato mayoritario en el sector. Pero por encima de todo están los intereses de los trabajadores y trabajadoras, por esos intereses seguiremos trabajando y proponiendo alternativas unitarias y no imponiendo ni mintiendo.
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
LOBO
Vixiante / Garda Particular
Vixiante / Garda Particular


Rexistrado: 20 Out 2009
Mensaxes: 112

MensaxePublicado: Lun Xul 12, 2010 11:50 pm    Asunto: Comunicado CIG Responder citando

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA Como xa sabedes, o pasado xoves 24 de xuño tivo lugar unha nova xuntanza de negociación do Convénio Colectivo de Seguridade Privada. E novamente, asistimos a unha vergoñenta situación na cal a patronal, coa sua chuleria habitual, mesmo retirou a sua anterior oferta salarial (0% no 2009, 0,3% no 2010), para non ofrecer nada e pospoñer a negociación a outubro, a cal seguirá ou non “en función da situación económica do estado español”. Todo apunta a seguir sen convénio xa non só o 2009 e o 2010, senón probablemente o propio 2011. Desta volta todas as centrais sindicais (afortunadamente) manifestamos unitariamente o noso rexeitamento a esta postura. Desgrazadamente, non podemos falar na seguridade privada nen sequer de conxelación salarial. O que está acontecendo é perda de poder adquisitivo. E isto é facilmente explicable. De entrada, xa perdimos o IPC final dos anos 2008 (1,4%) e 2009 (0,8%). Igualmente, no 2010, o Governo do estado español subeu o IRPF en 400 euros, o que representa exactamente un 2,57% sobre o salário dun Vixiante de Seguridade en cómputo anual. Asimesmo, a suba do 2% no IVA en todos os productos de consumo a partires de xullo do 2010, fai que o total acumulado de perda salarial real e directa sexa desde o 2009 dun 6,77%. É dicir, desde o ano 2009, temos de perda de poder adquisitivo 87 euros mensuais e 1051,5 euros anuais. Os traballadores e traballadoras da Seguridade Privada non estamos co salário conxelado, estamos perdendo cartos. E namentres as empresas seguen a actualizar os prezos aos clientes e continuan a manter as suas marxes de benefício. Non queremos nesta folla informativa voltar a falar da lamentábel actuación sindical que non é capaz de topar saidas a esta situación. O único que temos claro desde a CIG é que isto non pode seguir así. Non podemos permanecer calados como traballadores e traballadoras e seguir a perder direitos. Non podemos estar quietos namentres nos chulean e rouban o salário que gañamos traballando todos os meses. Hai que mobilizarse e loitar. É por ese motivo polo cal, desde a CIG, decidimos retomar as mobilizacións por un Convénio Digno e con Direitos, entendendo que só este camiño será o que nos permita recuperar o que nos están roubando. E comezaremos na Coruña, o dia 20 de xullo, realizando unha concentración-manifestación coincidindo coa apertura do IKEA nesta cidade. Pensamos que é unha boa ocasión para dar a coñecer a situación do sector a toda a cidadania que acuda a esta inauguración. Participa e loita!!.
20 de xullo, ás 10:00 h., todos e todas á inauguración do IKEA na Coruña.!!
_________________
FOLGA XERAL!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responde-lo tema    Foros de discusión -> Negociación Convenio Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Ir a páxina Anterior  1, 2
Páxina 2 de 2

 
Cambiar a:  
Pode publicar novos temas neste foro
Non pode responder a temas neste foro
Non pode edita-las súas mensaxes neste foro
Non pode borra-las súas mensaxes neste foro
Non pode votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Traducción ó Galego por Sergio Ares Chao